jueves, 11 de diciembre de 2014
Asemblea extraordinaria do Grupo de consumo responsable Tarabela.
Data: domingo 14 Decembro de 2014.
Lugar: 2º andar do Casino de Lalín, Praza da Igrexa.
Hora: 17:00 horas.
O Grupo de consumo responsable Tarabela é un proxecto colectivo, onde a toma de decisións faise dun xeito horizontal .
Nas asembleas é onde se toman as decisións que marcan o camiño a percorrer, polo que é importante que asista o maior número de persoas socias para así decidir entre todas cal é ese camiño.
Por outra banda as aportacións individuais de cada socia fan que o proxecto medre colectivamente, o grao de compromiso das socias é o que marca o ritmo o que avanza o proxecto. Cantas mais socias implicadas, mais actividades, pedidos,...etc. poderanse levar a cabo.
Esperamos contar con todas vos.
Grazas por facer da utopia unha realidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)