martes, 19 de abril de 2011

Chamamento de apoio

Petición Milhulloa, S. Coop. Galega ao Ministro de Fomento



A cooperativa MILHULLOA - www.milhulloa.es - socia de Coop57 GZ, fainos unha SOLICITUDE DE APOIO, para que se sumen aquelas persoas e organizacións que así o consideren, enviando unha carta ao Ministro de Fomento, José Blanco López, solicitando a modificación do trazado do acceso a Palas de Rei da autovia Lugo-Compostela que ten previsto pasar á beira da súa leira.

A cooperativa MILHULLOA, como moit@s sabedes, produce en ecolóxico, polo que lle suporía un importante prexuízo que pon en cuestión a cualificación obtida do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), ou cando menos, destinar parte do seu terreo en produción a espazo de seguridade.

Se queres apoiar a MILHULLOA, accede á súa web dende aquí, participando na súa reivindicación; a mesma que dente o Grupo de Consumo Tarabela apoiamos. ÁNIMO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario