martes, 10 de mayo de 2011

VII Feira Sustentable (A Estrada)

Nesta edición da feira, a xornada técnica trata dous aspectos estratéxicos
para a consolidación dun mercado local de calidade, como son as
cooperativas de consumo e as finanzas éticas de base democrática como
alternativa actual entre pequenos produtores e autónomos.

Celebrarase no Teatro Principal (r/Serafín Pazo s/n)
o sábado 14 de maio e o luns 16.


Podedes consultar o .pdf co programa completo (premendo na imaxe ^.)

Resumo do Programa :
  • Cooperativas de consumo: organización e funcionamento práctico. Sábado 14 ás 11 horas.
  • Finanzas éticas: unha alternativa de aforro e crédito. Sábado 14 e luns 16 , ás 19:30 horas.

Para participar é preciso inscribirse.

+ Información na web da Cooperativa Monte Cabalar, organizadora da Feira.


AVISO:
Suso Rivas, membro do Grupo de Consumo Responsable Tarabela, ofreceuse para coordinar o desprazamento dende a Comarca de O Deza. Os interesados en acudir podedes contactar con el no enderezo do GdeCT: grupodeconsumotarabela@gmail.com (indicade no asunto: VII FEIRA).

Grazas polo voso interese e Bóa Feira a tod@s! ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario