lunes, 26 de septiembre de 2011

Circuitos curtos de comercialización no Concello de Ames.

Fortalecendo alianzas na construcción da Soberanía Alimentaria.
Circuitos curtos de comercialización, un proxecto de resistencia.

Día 1 de outubro, presentamos os nosos produtos.

O sindicato Labrego Galego, na súa loita pola Soberanía Alimentaria e polo recoñecemento dos dereitos das labregas, organiza esta xornada no marco do proxecto de CERES "Produtos locais, todas gañamos".

Neste caso, o día 1 de outubro un grupo de labregas vai presentar os seus produtos (frescos de tempada e tamén os elaborados por elas mesmas) a diferentes asociacións cidadás. A xornada será dende as 10:30 horas ate as 19:00 horas na casa de turismo rural Casa do Cruceiro, http://www.casadocruceiro.com/) que está no Concello de Ames, parroquía de Raíces.

Haberá unha exposición dos produtos que temos neste momento.

PROGRAMA.

10:30 h. chegad de participantes.

11:00 h. Presentación da xornada e das participantes.

12:00 h. Presentación dos produtos a cargo das mulleres produtoras.

14:00 h. Xantar.

15:30 h. Continuación da presentación.

16:30 h. Consumidores e consumidoras, qué esperan da parte produtora?

18:00 h. Degustación de produtos variados.

19:00 h. Fin da xornada.

Como está previsto un xantar, é imprescindible anotarse no correo slg.anachantada@mundo-r.com ou chamando o teléfono 981 554 147 (preguntar por Lorena).

No hay comentarios:

Publicar un comentario