jueves, 3 de noviembre de 2011

5-N: I ENCONTRO SOCIAL GALEGO

Colectivos e organizacións sociais celebran un encontro para a reflexión conxunta e a construción de redes



LUGAR: CASA COMUN DOS TILOS ( Rúa Carballo, 4. Os Tilos Teo )
DATA: SABADO 5 de NOVEMBRO
HORARIO: De 10,30 a 21,00 horas

Reflexionar de xeito conxunto e crear redes que permitan mellorar a incidencia son dous dos motivos centrais polos que diversos colectivos e organizacións sociais vanse reunir no I Encontro Social Galego.


Ata o momento son 16 as organización que xa teñen anunciado o apoio a esta iniciativa: 15-M A Coruña / 15-M Monforte / 15-M Ourense / 15-M Pontevedra / 15-M A Mariña / Amarante Setem / Coop 57 / Democracia Real Xa / Estado do Malestar / Foro Galego de Inmigración / Iniciativa BenComún / Mesas de Convergencia / Nova Escola Galega / Plataforma de Afectados pola Hipoteca / Seminario Galego de Educación pola Paz / Zocamiñoca Consumo Consciente
Tratase dunha convocatoria plural e descentralizada onde teñen participado varios colectivos e que persigue xuntar nun mesmo foro os novos movementos sociais ( ONGs, culturais, ecoloxistas, feministas, consumo, sindicais, ... ) e os novísimos movementos xurdidos da indignación ( 15-M, DRX, Afectados polas hipotecas,... ).

O I Encontro Social Galego desenvolverase sobre unha estrutura de debates sobre 5 eixos que debaterán en diferentes grupos de traballo (de 11,00 a 14,00 horas) e posteriormente en plenario (de 16,00 a 19,00 horas)

Estrutura dos debates - Grupos de Traballo

Eixo 1: Participación cidadá e rexeneración democrática
1A – Partidos políticos, participación cidadá e goberno aberto
1B – Como transformar o mundo desde a sociedade civil organizada

Eixo 2: Economía, facenda e cidadanía
2A – Reforma da política de impostos
2B – Consumo, sustentabilidade e alternativas económicas

Eixo 3: Dereitos sociais e benestar
3A – Piares do Estado de Benestar e dereitos civís: como mantelos, sostelos e amplialos
3 B – Emprego, vivenda e territorio

Eixo 4: Comunicación e cultura
4A – Libre acceso, creación e difusión de cultura, arte e coñecemento
4B – Comunicación como cimento da democracia: estado e propostas

Eixo 5: Accións, proxectos e mecanismos de coordinación
5A – Accións conxuntas de cara ao 15-O e proxectos comúns
5B – Mecanismos de coordinación estable do movemento 15-M en Galicia

Clausura: Mesa Redonda sobre participación e cidadanía

O I Encontro Social Galego pecharase ás 19,30 horas cunha mesa redonda sobre participación e cidadanía onde intervirán:

Xosé Manuel Beiras Torrado. Membro do Consello do Foro Social Mundial

Marilo Candedo Gunturiz. De Nova Escola Galega

David Rodríguez Rodríguez. De Iniciativa Ben Común

Outra persoa por confirmar

Para + info:

Blog: http://facendoredes.wordpress.com

Facebook: http://www.facebook.com/pages/Encontro-Social-Galego/306066752739000

Contacto: encontrosocialgalego@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario