martes, 8 de mayo de 2012

En 2013 implantarase a primeira banca ética cooperativa internacional

 Colgo esta entrada por considerala de gran interese. Se alguén quere informarse un pouco mais e/ou estar ó tanto de todas as cousas que vain saindo sobre este tema, o da banca ética, ten un par de enlaces no blogue.
















Máis de 300 persoas de todo o estado español referendaron esta fin de semana en Rivas Vaciamadrid a decisión de integrar en 2013 as bases sociais e operativas de Fiare con Banca Popolare Etica (BpE).


“Momento histórico” foi a expresión que máis se repetiu nesta asemblea xa que se vai facer realidade unha aspiración demandada pola sociedade civil e que viñan impulsando moitas entidades desde hai anos.
Na asemblea expúxose o diagnóstico e a viabilidade positiva á integración entre BpE e Fiare, así como o proceso necesario que vai culminar en 2013 coa implantación dunha banca ética cooperativa común entre Italia e o estado español, unindo capital social e bases sociais e respectando a singularidade organizativa do seu movemento social. Os datos a 31 de marzo de 2012 eran 36.898 socios e 37,6 millóns de euros de capital social en BpE por 2.879 socios e 3,2 millóns de euros de capital social en Fiare.
Mais info en: Fiare


No hay comentarios:

Publicar un comentario