somos o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo. Estamos colaborando co Concello de Melide na organización dunha Feria de Agasallos da Terra para Nadal o próximo fin de semana (tarde do sábado 15 e o domingo 16 todo o día).
Nesta
Feria reuniranse preto de trinta expositores cunha única condición, que
elaboren e comercialicen os seus propios produtos, distribuiranse en
dúas zonas:
1. zona agasallos locais:
agasallos en madeira, ferro ou pedra; música de bandas e grupos da
zona; bonos de turismo rural, restauración, actividades de ocio, etc.
2. zona de produtos gastronómicos locais: mel,
queixo, licores, cogomelos, doces artesanos, etc. Poderanse mercar o
que máis apeteza ou, incluso,
deseñar unha cesta de Nadal propia para regalar que o propio persoal da
Feira decorará e empaquetará de maneira orixinal. No caso de que non
poder asistir, deseñouse un blog onde ver os produtos dispoñibles para
a elaboración personalizada e pedido de cestas de Nadal. Unha vez
solicitada, será remitida a domicilio (soamente esta semana!!): http://www.agasalloslocais. blogspot.com.es/
En
definitiva, trátase de apostar polos produtos locais e o comercio de
proximidade para realizar os agasallos deste Nadal ó tempo que se fai
difusión dos mesmos. Consideramos que os obxectivos que se perseguen
encaixan coa súa filosofía de compras polo que lles remitimos esta
información por se fora do seu interese, ou da dos seus asociados e
asociadas. A continuación, reflíctense as
entradas do noso blog co cartel da Feira onde aparece toda a
información.
Moitas gracias. Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario