A
Asociación Galega AMARANTE
Setem organiza en colaboración Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE
da Xunta de Galicia o III Curso
formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable, os días 27 e 28 de Novembro do 2013
na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.
Con
estas xornadas preténdese achegar á administración pública galega ferramentas e
exemplos de boa prácticas de Compra Pública Responsable na implementación
de políticas de contratación acordes con valores de xustiza social e
medioambiental.E asemade, que sexan ferramentas para as universidades,
organizacións sociais e empresas que queiran traballar estes mecanismos dos que
xa se está dotando a administración para garantir ditos valores e que sexan de
aplicación en Galicia.
Obxectivo: achegar ferramentas
técnicas e exemplos de boas prácticas para a implantación de criterios sociais,
ambientais e éticos nos trámites de contratación de produtos e servizos das
administración galegas (de ámbito galego, deputacións e concellos)
Temáticas que se
traballarán: alimentación, téxtil, material electrónico, economía solidaria,
igualdade, finanzas éticas e compra sustentable.
Dirixido a:
· persoal técnico e
político da administración pública galega (ámbito galego, deputacións e
concellos)
· Profesorado e alumnado
interesado en traballar esta temática
· Organizacións sociais
interesadas en potenciar esta área de traballo e/ou realizar incidencia nesta
temática
· Empresas que queira
coñecer ás novas esixencias de cara ás licitacións públicas
Horario: mércores 27 en horario
de 9:30 a 19:00 e xoves 28 de 9:00 a 14:00 horas
Período de inscrición: Do13 de
novembro ao 26 de novembro
Xúntase programa
das Xornadas
No hay comentarios:
Publicar un comentario