martes, 3 de junio de 2014

Curso en Santiago de Compostela. A CRISE ALIMENTARIA MUNDIAL: PERSPECTIVAS E ESTRATEXIAS

Un dos principais desafíos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é lograr a erradicación da fame. A pesar dos progresos realizados, a fame persiste en distintas rexións do mundo. A proximidade da data límite para a consecución de tales obxectivos, o ano 2015, xustifica os obxectivos deste curso:
Analizar, desde unha perspectiva académica e profesional, a situación da fame no mundo, examinando as súas causas e consecuencias.
Avaliar os progresos realizados na aplicación do Dereito á alimentación.
Explorar a problemática da fame desde unha perspectiva de xénero.
Estudar a resposta da cooperación internacional para o desenvolvemento  na materia.
Sensibilizar á sociedade civil sobre o problema da fame no mundo e as súas potenciais solucións.





No hay comentarios:

Publicar un comentario