Ficha técnica
Título: #OligopolyOFF: Empieza la revolución energética
ciudadana.
Dirección e
guión: Alba del Campo.
Producción:
Plataforma por un Nuevo Modelo
Energético.
Duración: 90' (aprox.)
Sinopsis: Preocupada polo tremendo aumento da pobreza
enerxética no Estado español, as contínuas subidas das facturas da luz e o gas
e os recortes ás renovables, a Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
presenta neste documental unha mirada da situación da enerxía que move este
estado e dunha política enerxética hoxe hipotecada baixo os intereses das
empresas do oligopolio enerxético fósil.
Conscientes de
que son estas empresas as que presionan aos sucesivos gobernos para asegurar os
seus beneficios, en lugar de que se protexa o dereito á enerxía de toda a
poboación, así como de emprender unha política enerxétcia sensata para evitar
un cambio climático devastador, o propio título do documental é unha
declaración de intencións: #OligopolyOFF.
30 anos de
compromisos insuficientes contra o cambio climático evidencian que non estamos
ante un problema técnico ou tecnolóxico, senón ante o imperio dunhas compañías
que, como di o cantante Kiko Veneno no documental, son capaces de destruír o
planeta con tal de seguir sendo as súas propietarias.
#OligopolyOFF divídese en tres capítulos. Viaxa desde o
problema da pobreza enerxética, a través dos distintos conflitos que xera a
actual política enerxética no territorio español, ás alternativas cidadás que
están a traballar por avanzar na necesaria transición renovable e na democratización
da enerxía. Ambas van da mao.
As
prospeccións de Canarias, o fracking, a construción dun cementerio nuclear en
Villar de Cañas, Cuenca, os recortes ás renovables, o proxecto Castor en
Castellón ou o regalo de 3.400 millóns
ás eléctricas por parte do PP e do PSOE, puxeron a política enerxética
sobre a mesa. E alí onde as empresas de hidrocarburos ven “oportunidades de
negocio”, ou as eléctricas defenden os seus “beneficios lexítimos” a cidadanía
ve como perigan a auga potable, a calidade da súa terra, o aire, o seu acceso á
enerxía, o seu emprego, a viabilidade dos seus negocios... A luz sube para
todas, mais para unhas máis que para outras.
En
#OligopolyOFF vemos como as loitas contra unha política enerxética destructiva
convertiu a defensa do territorio en loitas pola dignidade dos pobos de todo o
estado. A alternativa é clara, alí onde se berra petróleo NON, a aposta da
cidadanía é: RENOVABLES SI.
Todas estas
loitas conflúen en #OligopolyOFF e enlázanse cun camiño non só desexable ou
posible, senón que ademais é máis económico para as consumidoras. Si, é máis
económico e isto hai que repetilo tantas veces como faga falla, porque estas
empresas invisten cantidades indecentes de diñeiro en facernos crer o
contrario.
E é que, como
vai ser máis eficiente quentar a auga da ducha con gas que ven de 4.500km, que
co sol e unha placa que estea a 5 metros da túa ducha?, pregunta Manel Rivero
ao alumnado do instituto. “Encargáronse de vendernos un modelo que xera
beneficios multimillonarios para unhas poucas empresas. Mais hai outros
modelos”, engade.
Por iso, o
terceiro capítulo está dedicado a eses outros modelos, exemplos de cambio, de
transición enerxética, nos que a cidadanía decide e é parte de cooperativas de
consumidoras ou propietarias de empresas que xeran a electricidade ou a calor
para a calefacción, cooperativas enerxéticas verdes, proxectos de autonomía
enerxética renovable, proxectos de aforro a nivel municipal... Proxectos limpos
nos que a enerxía está en mans da xente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario