viernes, 28 de septiembre de 2012

Miguel en liberdade con cargos.


Miguel Foi posto en liberdade con cargos e sen fianza, onte pola noite xunto coas demais persoas detidas. 
 
- Atopa-se ben física e de ánimo.
- Agradece todas as mostras e accións de apoio e solidariedade amosadas con el e as demais persoas detidas.
- Os cargos que se lles imputan son catro entre outros, os de resisténcia á autoridade e ademais incluiron o de sedición " traición a la Patria", e por este último serán xulgadas na Audiéncia Nacional en data por confirmar.
- No dia de hoxe van manter unha reunión  conxunta as persoas detidas coas súas avogadas para preparar posíbeis medidas legais e a estratéxia da defensa para o xuízo.
- Ficará en Madrid uns dias antes de voltar a Galiza.
 
Máis unha vez, agradecemos as mostras e accións de apoio recibidas.
 
Seguiremos a informar
 
Saude e moito ánimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario