Bo día,
Atendendo aos seguintes critérios :
- Suxestións recibidas de entidades e redes da economia solidária de Galiza interesadas nesta actividade e liña de acción.
- Coincidéncia na mesma data, 6 de Outubro, e horário con outras actividades de interese no ámbito da economia solidária
* AMARANTE SETEM / ARELA : Encontro de Débeda. Máis Info : www.amarantesetem.org
* COORDINADORA GALEGA ONGD's : Xornadas de Consumo Crítico e Responsable. Máis Info : www.galiciasolidaria.org
- Baixo número de inscricións confirmadas (6)
Desde a Federación de Cooperativas SINERXIA poñemos no voso coñecemento a decisión de SUSPENDER a realización dunha reunión, prevista para o próximo sábado 6 de Outubro, co fin de concretar a posta en marcha de rede/s informativo-avisadora/s en Galiza desde o tecido da economia solidária nos ámbitos de seguros éticos e enerxias renovábeis. Desta actividade fixemos envio da súa convocatória o pasado 24 de Setembro.
Con estes antecedentes, propoñemos UNHA NOVA CONVOCATORIA nos seguintes termos :
- DATA CELEBRACION : 20 de Outubro (Sábado)
- LUGAR DE CELEBRACION : Fogar dos Maiores. Sede Social da Cooperativa d'O Val / Lugar de Vilacornelle - NARON
Máis Info : http://www.cooperativaoval.com/Onde.aspx
- HORA DE COMEZO : 11 horas
- HORA DE REMATE : 14 horas
- ORDE DO DIA :
0. Benvida e Apresentación das asistentes (15')
1. Organización e Posta en marcha da/s rede/s avisadora/s - divulgadora/s de seguros éticos na economia solidária en Galiza (75')
- Breve Resumo do acontecido no Encontro do 26 de Maio
- Inclusión da estratéxia divulgadora de seguros éticos na das finanzas éticas.
- Outros critérios organizativos
- Tarefas / Ferramentas / Responsábeis /Prazos concretos da estratéxia avisadora de seguros éticos.
Pausa - (15')
2. Organización e Posta en Marcha da/s rede/s avisadora/s - divulgadora/s de enerxias renovábeis na economia solidária en Galiza (60')
- Breve Resumo do acontecido no Encontro do 4 de Xullo
- Critérios organizativos para estratéxia divulgadora de enerxias renovábeis
- Tarefas / Ferramentas / Responsábeis / Prazos concretos da estratéxia divulgadora de enerxias renovábeis
3. Conclusións da Reunión (15')
OBSERVACIONS :
- Por cuestións organizativas, agradecemos nos confirmedes a vosa presenza nesta actividade, antes do 17 de Outubro, enviando un correio-e a sinerxia@sinerxia.org ou através do teléfono 986 896 526, indicando nome e apelidos da/s persoa/s participante/s; DNI; Teléfono contacto; Colectivo ao que pertences; Localidade; dispoñibilidade de transporte persoal para colectivizar a viaxe desde distintas localidades, se é posíbel.
- Aquelas iniciativas / redes de economia solidária e persoas interesadas que non poidesen estar presentes nesta actividade, agradeceriamos-lles nos achegasen as súas suxestións a respeito dos contidos da reunión e tamén o seu interese en facer parte de forma activa na estratéxia divulgativa destes produtos/servizos e en que tarefas da estratéxia gostariades participar.
- Reenviamos a proposta de posíbeis tarefas a desenvolver através da rede divulgadora para facilitar o desenvolvemento da reunión e a recepción de posíbeis suxestións.
- Para ó ámbito dos seguros éticos, agardamos ter presenza de representantes das iniciativas de finanzas éticas activas en Galiza (O Peto; Coop57 e Fiare), tendo en conta o vínculo entre estes dous sectores de actividade económica. O anterior sen prexuízo da participación doutras redes e iniciativas de economia solidária e persoas interesadas nesta temática.
Agradecemos a difusión desta NOVA CONVOCATORIA entre a vosa base social e redes nas que participades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario