miércoles, 31 de octubre de 2012

Fiare en Lugo e Ourense.

O sábado 27 de setembro de 2012 organizouse na Cova da Terra, Lugo, un obradoiro sobre finanzas éticas para a búsqueda dun novo modelo de banca pensado para as persoas cos pés na terra.  Un grupiño de persoas moi interesadas no tema estiveron informándose e formándose sobre a realidade actual e profundizaron na evolución e futuro do proxecto Fiare. O próximo sábado, 3 de novembro de 2012, teremos ocasión de participar nunha xornada sobre “Alternativas fronte á crise: Asociacionismo e Cooperativismo” no Auditorio Municipal de Ourense ás 12:00 horas.  Animádevos a participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario