martes, 23 de octubre de 2012

Obradoiro en Narón: "Coñecendo a miña Cooperativa".

 Ugacota vai desenvolver un obradoiro no marco da programación de actividades da Rede Eusumo no CRE da Fundación Terra de Trasancos - Cooperativa do Val, en Narón. Os datos do curso son:

Obradoiro:COÑECENDO A MIÑA COOPERATIVA
Lugar de realización: CRE da Fundación Terra de Trasancos - Cooperativa do Val (Vilacornelle, s/n, Narón)
Datas: do 29 e 30 de outubro de 2012
Horario: de 10:00 a 14:30hs.
Programa e contidos: 
1º sesión.- Revisión de aspectos básicos do marco normativo. Cambios que contempla a modificación da lei de cooperativas. Habilidades cooperativas.
2º sesión.- Dereitos e deberes das persoas socias. Aspectos societarios. Resolución de casos prácticos. Presentación de materiais, oferta formativa e ferramentas.
Dirixido a persoas socias de cooperativas cos obxectivos de:
· Revisar e actualizar os coñecementos cooperativos das persoas que forman as cooperativas.
· Lembrar que significa ser cooperativista.
· Dar a coñecer os recursos e ferramentas para mellorar os procesos de funcionamento da cooperativa.
 

As persoas interesadas poden inscribirse enviándome unha mensaxe de correo electrónico ou ben cubrir o formulario de inscrición a través DESTA LIGAZÓN. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario