lunes, 27 de mayo de 2013

Concienciación e Gastronomía no Restaurante La Molinera (Lalín).


 
JAVIER OLLEROS COMPLETARÁ A OFERTA DO RE_ALIMENTATE

Os próximos días 30 e 31 de maio o Restaurante La Molinera acollerá un evento que non deixará a ninguén indiferente, xunto coa Iniciativa Prato_do poñen en marcha, unha vez máis unha iniciativa marcada pola concienciación alimentaria tan precisa hoxe en día.

No caso do xoves día 30 de maio a cita será doble. En primeiro pase a partir das 14:00h poderase degustar o menú Re_Alimentate ó completo, un menú deseñado baixo a filosofía de Prato_do, tapas en base a productos naturais ou ecolóxicos de tempada e da zona, para así conformar un menú equilibrado nutricionalmente e de revalorización da nosa historia. Neste caso a linguaxe creada terá dúas temáticas, os apeiros de labranza e os aparellos empregados na pesca artesanal. Esta dualidade é escollida para diferenciar a mán de cada un dos cociñeiros que elaborarán o menú. Por un lado Diego López do Restaurante La Molinera presentaranos tapas como “A GADAÑA” ou “O EIXADO” facendo un pequeño guiño ás ferramentas necesarias para traballar a terra, mentres que no caso de Javier Olleros do Restaurante Culler de Pau sito en O Grove cunha estrela Michelín de recente estrea, virá a presentarnos tapas baixo o nome de aparellos empregados na pesca artesanal como “A RASQUETA” ou “O ANGAZO”. A idea é que quen poda desfrutar deste menú o faga respectando o medio ambiente, coidando a súa saúde e recordando parte da súa historia.

Ás 21:00h será o momento de acoller a produtores locais que xa veñen apostando dende hai anos por producir os seus bens de xeito totalmente sostible e así servir de exemplo para a xente nova que quere voltar ó campo. A Casa da Quenlla de Camanzo, no concello de Vila de Cruces, é unha explotación cunha longa tradición agrícola e gandeira, que se adica, dende hai case dez anos, a produción ecolóxica da man de Pilar Vispo, agricultora dende os 15 anos e a responsable deste proxecto. Leite cru O Alle será a outra representación destos produtores, leva máis de 5 anos adicados a produción de leite cru ecolóxica e integrada nas iniciativas encamiñadas ó desenrolo dunha agricultura sostible, xa que ten como motivacións a protección do medio ambiente, a sanidade animal e a atención ó consumidor.
Clara Torres asesora nutricional de A Estrada contaranos de xeito moi sinxelo unhas certas pautas indispensables a ter en conta na nosa alimentación diaria.
O custo de asistencia á charla-coloquio será módico, 1 euro. Ó finalizar a sesión poderase disfrutar dalgunha das tapas do menú Re_Aliméntate no bar ou ben reservar previamente para degustar en sala o menú completo de Diego López.
O prezo do menú completo será de 30 euros, consumición excluida agás a auga que se ofrecerá gratuitamente por tratarse de auga das fontes de Lalín.

O venres día 31 de maio tamén a partir das 21:00 h, será o momento de escoitar e coñecer ó Grupo de Consumo Responsable de Lalín A Tarabela, que nos explicará cómo traballan e o porqué dese traballo. Para entender mellor o porqué dese traballo proxectaranse dúas curtametraxes de concienciación alimentaria. Unha vez finalizado o evento a opción será doble como o día anterior, ou ben reservar previamente para degustar o menú ó completo ou ben disfrutar só dalgunha das tapas do menú cuios prezos van dende os 2 ata os 5 euros.

As reservas poderanse efectuar mediante correo electrónico na dirección iniciativapratodo@gmail.com ou ben chamando a calquera dos números de teléfono que aparecen a continuación:
Diego López 670 609 801 Lucas Requejo 617 461 723

No hay comentarios:

Publicar un comentario