martes, 10 de mayo de 2011

VII Feira Sustentable (A Estrada)

Nesta edición da feira, a xornada técnica trata dous aspectos estratéxicos
para a consolidación dun mercado local de calidade, como son as
cooperativas de consumo e as finanzas éticas de base democrática como
alternativa actual entre pequenos produtores e autónomos.

Celebrarase no Teatro Principal (r/Serafín Pazo s/n)
o sábado 14 de maio e o luns 16.


Podedes consultar o .pdf co programa completo (premendo na imaxe ^.)

Resumo do Programa :
  • Cooperativas de consumo: organización e funcionamento práctico. Sábado 14 ás 11 horas.
  • Finanzas éticas: unha alternativa de aforro e crédito. Sábado 14 e luns 16 , ás 19:30 horas.

Para participar é preciso inscribirse.

+ Información na web da Cooperativa Monte Cabalar, organizadora da Feira.


AVISO:
Suso Rivas, membro do Grupo de Consumo Responsable Tarabela, ofreceuse para coordinar o desprazamento dende a Comarca de O Deza. Os interesados en acudir podedes contactar con el no enderezo do GdeCT: grupodeconsumotarabela@gmail.com (indicade no asunto: VII FEIRA).

Grazas polo voso interese e Bóa Feira a tod@s! ;)

viernes, 6 de mayo de 2011

SÁBADO 7 DE MAIO: OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICINAIS E AROMÁTICAS NA EIRA DA XOANA


Coincidindo co primeiro Sábado de mes impartirase un obradoiro de plantas aromáticas e medicinais en ecolóxico pola Cooperativa Milhulloa. Pola tarde, ademais de realizar diferentes traballos comunitarios na Eira, haberá unha charla sobre o servizo de finanzas éticas de COOP57.




PROGRAMA:

11.00h - Encontro na Eira.

11.30h - Obradorio de propagación de plantas medicinais e aromáticas.

14.30h - Xantar. Cadaquén pode traer o seu ou apuntarse a comida posta pola organización que consistirá, coma en outras ocasións, en empanada e queixo da zona. Prezo a concretar con Marcial. IMPRESCINDIBLE ANOTARSE chamando a Pepe ou a Marcial, ou ben mandando un correo á Eira da Xoana.

Marcial 638 47 53 22

Pepe Salvadores 659 68 33 84

17.00h - Charla sobre o servizo de finanzas éticas de COOP57.