miércoles, 18 de junio de 2014

Actividade na Eira da Xoana este sábado 21 de xuño.




















Mais info no seu blogue.

Bioterra en O Carballiño.


Curso eficiencia enerxética en Lalín.

O vindeiro xoves 26 de xuño ás 17:45 o GDR Terras do Deza impartirá unha xornada técnica gratuíta de :AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS Y OTRAS EMPRESAS DEL MEDIO RURAL.

Para inscribirse o ben chamar ao teléfono 986-794463 o a través do enderezo electrónico Info@gdrterrasdodeza.com

As prazas son limitadas e por estrito orden de inscrición.

jueves, 12 de junio de 2014

V CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA E AGRICULTURA ECOLÓXICA

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, evento que vai a ter lugar no Campus de Lagoas-Marcosende (Vigo) os días 26, 27 e 28 de xuño. En documento adxunto podedes consultar o Programa da presente edición do Congreso.
Se queredes incrementar a información sobre o Congreso podedes visitar o seguinte enderezo web:
Congreso agroecoloxía 

martes, 3 de junio de 2014

Curso en Santiago de Compostela. A CRISE ALIMENTARIA MUNDIAL: PERSPECTIVAS E ESTRATEXIAS

Un dos principais desafíos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é lograr a erradicación da fame. A pesar dos progresos realizados, a fame persiste en distintas rexións do mundo. A proximidade da data límite para a consecución de tales obxectivos, o ano 2015, xustifica os obxectivos deste curso:
Analizar, desde unha perspectiva académica e profesional, a situación da fame no mundo, examinando as súas causas e consecuencias.
Avaliar os progresos realizados na aplicación do Dereito á alimentación.
Explorar a problemática da fame desde unha perspectiva de xénero.
Estudar a resposta da cooperación internacional para o desenvolvemento  na materia.
Sensibilizar á sociedade civil sobre o problema da fame no mundo e as súas potenciais solucións.