miércoles, 28 de septiembre de 2011

APRAZAMENTO DAS XORNADAS ...

... de circuitos curtos de comercialización de Ames.

Veñen de informarnos dende o Sindicato Labrego que quedan aprazadas para finais de novembro principios de decembro.

Desculpas.

lunes, 26 de septiembre de 2011

Circuitos curtos de comercialización no Concello de Ames.

Fortalecendo alianzas na construcción da Soberanía Alimentaria.
Circuitos curtos de comercialización, un proxecto de resistencia.

Día 1 de outubro, presentamos os nosos produtos.

O sindicato Labrego Galego, na súa loita pola Soberanía Alimentaria e polo recoñecemento dos dereitos das labregas, organiza esta xornada no marco do proxecto de CERES "Produtos locais, todas gañamos".

Neste caso, o día 1 de outubro un grupo de labregas vai presentar os seus produtos (frescos de tempada e tamén os elaborados por elas mesmas) a diferentes asociacións cidadás. A xornada será dende as 10:30 horas ate as 19:00 horas na casa de turismo rural Casa do Cruceiro, http://www.casadocruceiro.com/) que está no Concello de Ames, parroquía de Raíces.

Haberá unha exposición dos produtos que temos neste momento.

PROGRAMA.

10:30 h. chegad de participantes.

11:00 h. Presentación da xornada e das participantes.

12:00 h. Presentación dos produtos a cargo das mulleres produtoras.

14:00 h. Xantar.

15:30 h. Continuación da presentación.

16:30 h. Consumidores e consumidoras, qué esperan da parte produtora?

18:00 h. Degustación de produtos variados.

19:00 h. Fin da xornada.

Como está previsto un xantar, é imprescindible anotarse no correo slg.anachantada@mundo-r.com ou chamando o teléfono 981 554 147 (preguntar por Lorena).

jueves, 15 de septiembre de 2011

Novo pedido de produtos AMORODO









Estamos preparando un novo pedido de conservas vexetais ecolóxicas AMORODO
Quen estea interesado/a en facer pedido, pode enviar un mensaxe o correo do grupo de consumo: grupodeconsumotarabela@gmail.com, antes do sábado 17 de setembro pola noite.