lunes, 14 de octubre de 2013

Curso Castañicultura en Lugo (gratuito)






















   Bos días, aproveitamos o envío de información sobre o noso curso de Castañicultura ecolóxica para recordarlles que dende  AgroNovo Ecoloxía levamos 10 anos asesorando sobre agricultura, gandeiría e elaboración de productos ecolóxicos.

   Tamén impartindo cursos de agricultura e gandeiría ecolóxicas nas modalidades presencial e online para asociacións, cooperativas,  Consellería do Medio Rural e o  Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galiza, entre outros.

   Ademais dos certificados e homologados de Manipulador de Alimentos, Manipulador-Aplicador de productos fitosanitarios e Benestar animal (explotacions, transporte, etc.).

Do 21 ó 29 de outubro desenrolarase nas nosas instalacións un curso de Castañicultura ecolóxica, organizado pola Asociación Valor Ecológico. O mesmo terá unha duración de 25 horas lectivas, está dirixido a traballadores en activo e é totalmente gratuito.

   Tratará de formar ó alumno co  fin de que adquira os coñecementos básicos para o establecemento dunha explotación de castañas ecolóxicas: introducción á agricultura ecolóxica, variedades, poda e inxertos, plantación, rego, recolección, comercialización e marketing, etc.

Pautas previas para a conversión dunha explotación de castañas convencional a producción ecolóxica.
Para mais información e inscripción en dito curso chamar ó teléfono 982 24 67 62 ou enviar un correo electrónico a info@agronovo.es

Reciban un cordial saudo.

jueves, 3 de octubre de 2013

Comezo da tempada de cítricos.

A xente de Aigua Clara acaba de avisarnos que xa comeza a nova campaña de cítricos.
 De momento so ca variedade "mandarina Okitsu", da que un pouco mais abaixo podedes ver mais información.
 En breve prepararemos un novo pedido.


Corto de 3 minutos moi recomendable.