viernes, 23 de marzo de 2012

jueves, 22 de marzo de 2012

ROTEIRO EN CONTRA DA INCINERADORA DE RESIDUOS.

ROTEIRO
EN CONTRA DA INCINERADORA DE RESIDUOS.
Domingo, 25-marzo-2012
anótate aquí

LUGARES E HORAS DE SAÍDA:
• O Campo (Campo da festa por Orosa): 10:00 h
• Marnotes (fonte): 10:30 h.
• Madanela (Ermida): 10:30 h.
• Loureiro (cooperativa por Valduíde): 10:30 h.
• Piñor (Grobas, campo da festa): 10:30 h.

viernes, 16 de marzo de 2012

EN TODAS AS MANS












“EN TODAS AS MANS” é un proxecto audiovisual ideado desde TRESPES COOP., que difunde a realidade dos montes viciñais en man común e que incorpora na dirección a un novo valor do audiovisual, Diana Toucedo. Un dos valores do proxecto é contar cunha equipa de xente nova que asumiu o proxecto con entusiasmo.
Cremos que é un documental necesario. Os apoios recibidos así no-lo confirman. Entre outros expresaron o seu apoio ao proxecto, o cineasta Llorenç Soler, director do documental “O monte é noso”, e a documentalista galega-venezolana Ana Laura Pereira, directora do filme “Éramos invisibles”.
Nestes momentos o documental está en fase de pre-produción. A nosa previsión é gravar na primavera - verán de 2012. Tendo a actual contorna económica, a nosa idea é desenvolver unha estratexia de financiamento diversa, que recolla apoios en diversos ámbitos. Un pear importante asenta na filosofía do crowdfunding, a máxima deste xeito de financiamento poderia ser “moitos achegando algo para facer moito”. É por iso que estás lendo este correo, a tua achega é importante para que un proxecto así saia adiante.
Visita a nosa páxina web www.entodasasmans.com, alí atoparás os xeitos de poder contríbuir a que un proxecto así saia adiante.
Os montes veciñais en mancomún
Os montes veciñais en mancomún son patrimonio milenario. Son iniciativas de economia social e solidária organizadas en propiedades comunais (veciñais e colectivas) que proceden da pertenza a un núcleo de poboación determinado, con carácter habitual, a parróquia. Polo tanto non son nin propiedade privada nin propiedade pública. As comunidades de montes son aquelas organizacións pola que a comunidade veciñal auto-xestiona o monte seguindo critérios ambientais; económicos e sociais. Este tipo de xestión pervive en Galiza e no Norte de Portugal. Na actualidade, desde diversos organismos, como a ONU ou a UE, estase pondo o énfase na necesidade de involucrar á cidadania na xestión directa do seu território. Entendemos que este feito converte os montes en mancomún nun elemento de actualidade que é preciso divulgar e dar a coñecer non só en Galicia senón tamén noutros países, unha experiencia comunitaria que é preciso dignificar e valorar.
Foron e son obxecto de múltiples ataques de orden lexislativo por parte das institucións estatais e nacionais, e por parte das organizacións que funcionan baixo o ideário capitalista, coa fin de romper o ideário e natureza comunitária da toma de decisións e de xestión dos recursos das comunidades veciñais que os sustentan. Esta titularidade é indivisíbel; inembargábel; imprescritíbel e inalienábel. A transformación socioeconómica da sociedade galega nos últimos decénios co abandono do rural e a progresiva urbanización da actividade económica e da poboación; a progresiva interiorización de valores individualistas e consumistas está levando a un proceso de disolución dos valores comunitários, esquecimento; descoñecimento e falla de localización deste modelo de organización na sociedade galega.
Na actualidade ocupan un 20% da superficie do território de Galiza, supoñen un total de 3.000 comunidades nas que se agrupan na volta de 250.000 persoas comuneiras. Achegan o 5% do PIB e só desde o punto de vista forestal xera 26.000 postos de traballo.

martes, 13 de marzo de 2012

MERCADO DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS, na Eira da Xoana.




Domingo 18 de Marzo a partires das 11:00 horas e durante todo o día.








Tedes mais información no blogue da Eira da Xoana, na colunma da dereita deste blogue, onde pon "outros enlaces".




IV ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES



Sábado 17 de Marzo a partires das 11:00 horas .



Praza 8 de Marzo, A Porta do Camiño, Compostela.