domingo, 12 de octubre de 2014

AS CORCERIZAS.Curso de estufas de alto rendemento: novas datas!

As estufas cerámicas están deseñadas baixo as premisas de aforro enerxético, construción sostible e óptimo aproveitamento da enerxía producida pola leña. Ademais dunha maior eficiencia, lógrase unha importante redución na emisión de gases contaminantes. Neste curso práctico construiremos unha estufa, da man do experto Manuel Vázquez, xerente de ECOFOGAR.
Datas e lugar: 25-26 de outubro, en As Corcerizas
Horarios e inscrición: o curso comeza o sábado ás 10.30h. e remata odomingo ás 19.00h. Para matricularse é preciso enviar a ficha cuberta ainfo@ascorcerizas.com, ata o día 8 de outubro
Destinatarios/as: público en xeral, calquera persoa interesada en incorporar sistemas eficientes no fogar; especialmente dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, etc.
Mais info: As Corcerizas.
2014_estufas_rendemento

Curso de Produción e Xestión de Electricidade Renovable nas edificacións


Os días 25 e 26 de outubro, Amigos da Terra pon en marcha unha formación en As Corcerizas co obxectivo de proporcionar a información suficiente para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico: solar, eólica e microhidráulica; de xeito práctico e cun enfoque real que permita trasladalo ao noso proxecto ou fogar.
No curso entenderemos cómo calcular o consumo eléctrico nunha vivenda e a súa demanda enerxética, os criterios de elección das fontes renovables máis apropiadas e as diferentes opcións para a xestión eléctrica nun sistema asistido ou illado da rede eléctrica. Ademais adquiriremos as nocións básicas para o dimensionamento dun sistema de aproveitamento de electricidade fotovoltaica, cos cálculos precisos para trasladalo a cada realidade.
Mais info: As Corcerizas.
2014enerxias_renovables










jueves, 9 de octubre de 2014

Un banco novo, por fin.


NUEVA-ETAPA-FOTOGRAFIA-ANDREA-BOSCH_EDIIMA20141005_0176_4














Fiare Banca Etica culmina 11 anos de traballo e maduración, e desde este mes ofrecerá servizos tamén a particulares.
Catro cifras, 1550, que xa son moito máis que un número: é o código de FiareBanca Etica, o primeiro banco ético de base cooperativa que operará no Estado español. O 15 de xullo obtivo a luz verde do regulador e desde o 1 de outubro diríxese xa a particulares.
O banco acaba de arrincar, pero ten unha longa historia detrás de traballo e maduración, que empezou como Proxecto Fiare en 2003 e que renace agora comoFiare Banca Etica, integrado nun banco europeo con sucursal no Estado español -xa conta aquí con 5.300 socios, que achegan cinco millóns de euros ao capital social- e Italia, onde Banca Popolare Etica suma 37.000 socios e 15 anos de experiencia comercial e de prestixio.
Mais info: FIARE