sábado, 27 de abril de 2013

Charla sobre banca ética en Lalín.















Aínda que nos gustaría que o público fose mais numeroso, a cantidade veuse compensada pola calidade.

 A charla foi moi interesante e amena.

 Logo dunha breve exposición dos tres proxectos, abreuse á participación dos/as asistentes, o que fixo que tivera un caracter moi participativo.

 Agradecemos moito a colaboración do/as ponentes e o traballo das persoas que fixeron posible esta charla, esperamos que non tarden en organizar outra.

martes, 23 de abril de 2013

Xornadas en Compostela.

Hoxe martes día 23 de abril teremos a sorte de contar en Compostela con Miriam Nobre, integrante do Secretariado Internacional da Marcha Mundial das Mulheres, que ven a participar nas Xornadas "Xénero e Consumo: novas preguntas, novos retos", que Panxeacoorganiza xunto con A Cova da Terra, a Coordinadora Galega de ONGD, Sodepaz Comercio JustoXarxa de Consum Solidari, a Marcha Mundial das Mulheresverdegaia, e o Sindicato Labrego Galego.
Falará sobre "Sinerxias entre feminismo, ecoloxía e consumo responsable" a partires das 19:30 horas no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Non faltedes!!!

martes, 16 de abril de 2013

Charla sobre cultivo das prantas medicinais na horta.













Día: domingo, día 21 de abril.
Hora:  12:00 horas.
Lugar: local social da parroquia de Bermés.
 
A charla correrá a cargo de Enrique Banet, da Fundación "Galicia Verde", e tratará sobre o cultivo das prnatas mediciñais na horta.

 Está organizada pola Asociación CXDM "La Unión de Bermés".

 Moi interesante.

Charla sobre Banca Ética en Lalín.

Agradécese a súa difusión.

Curso Introdución: Construcción con Palla e Revocos de Terra: 26-28 Abril 2013, Lugo (Galicia)


















Tedes mais información no enlace.

Entrevista ó Grupo de Consumo Tarabela na radio.

 O pasado martes, 9 de abril de 2013, entrevistaron a Suso Rivas como un dos coordinadores do Grupo de Consumo Tarabela.
 A entrevista foi no proograma de radio "Recendo", que se emite todos os martes de 19 a 20 horas dende a emisora de radio comunitaria CUAC FM, vinculada á Universidade de A Coruña.
 Deixámosvos o enlace, a entrevista sobre o noso Grupo vai do minuto 32 ó minuto 43, mais ou menos, ainda que recomendamos escoitar toda a entrevista polo seu interese.
 Unha aperta.