miércoles, 19 de febrero de 2014

Cursos de Enxeneiros Sen Fronteiras (on line).


 - Gestión de Proyectos de Cooperación Internacional de base tecnológica
 - Agua y Desarrollo Humano
 - Proyectos de abastecimiento de energía en zonas rurales

 Para mais info clica aqui.

martes, 18 de febrero de 2014

III Curso de Horto Ecolóxico e Permacultura

Amigos da Terra pon en marcha, do 7 ao 9 de marzo, a III edición do curso, na que aprenderemos a deseñar una horta aplicando os principios da permacultura.
Cunha metodoloxía participativa levaremos a cabo unha introdución a este sistema de deseño ecosistémico. Posteriormente, poremos en práctica o sistema mediante a creación dunha horta permacultural en As Corcerizas. Analizaremos a paisaxe e os distintos elementos do deseño (solo, auga, bosque comestible…) e xuntas prepararemos o solo, contruiremos os bancais, e sementaremos os primeiros cultivos.

Para mais info clica aqui.

lunes, 10 de febrero de 2014

VENRES 14 DE FEBREIRO: PLANTACIÓNS DE CASTIÑEIRO. PROCESADO E COMERCIALIZACIÓN DA CASTAÑA.

Impartida por: Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia.
Organiza: Asociación cultural “O Bico da Balouta”.
Lugar: Centro Social de Agolada.
PROGRAMA:
17.00 h => Introdución e presentación da xornada.
17.15 h => A produción de castaña en Galicia. Situación, perspectivas de futuro e  oportunidades para o rural galego. A IXP Castaña de Galicia.
18.15 h => O Castiñeiro: cultivo, patróns, enfermidades e protección.
19.30 h => Procesado do froito: colleita, conservación, transformación e comercialización.
20.30 h => Mesa redonda.
21.00 h => Fin da actividade.

Cursos gratuitos.
















Mais info:
Sara Domínguez Alonso
Directora
986 430619

Curso en As Corcerizas.


PARTICIPA!: WORKSHOP BIOCONSTRUCIÓN

En Amigos da Terra apostamos por un novo modelo enerxético distribuído como o que demostra As Corcerizas. 

Por elo, a fin de semana do 22-23 de febreiro convidámosche a que participes directamente na creación deste novo modelo!: MÁIS INFO E INSCRICIÓNS
 
Coñecendo como formar parte activa na xestión da electricidade como consumidora e posible produtora con renovables, a través de alternativas que promove Amigos da Terra.

Empregando sistemas baseados no aforro e eficiencia enerxética: workshop de muros radiantes con barro crú para a calefacción.

 
Este sistema permite unha captación corporal de temperatura superior que nos solos radiantes; é moi eficiente, xa que funciona a baixa temperatura (35-40ºC), de doada combinación con enerxías renovables e moi saudable pola transpirabilidade do barro.
ImparteGuido Tomasini.

jueves, 6 de febrero de 2014

Próximos cursos de Amigos da Terra, consulta as datas!








Nos vindeiros meses, desenvolveremos as seguintes accións:
  • Febreiro 22-23Workshop de bioconstrución; participación na construción de muros radiantes con barro crú.
  • Marzo 8-9Deseño en Permacultura e práctica de horta
  • Marzo 20-23Deseño, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia. Práctica real-montaxe dun eólico.
  • Abril 12-13Cociña ecolóxica, natural e local
  • Abril 26-27Bio-Decoración creativa
Continuaremos informando de cada curso, cos contidos, formadores/as, prezos e modo de inscripción. Nos meses de maio e xuño máis… estade atentas/os!

lunes, 3 de febrero de 2014

9º Encontro da Rede Galega de Sementes

Xa podemos anunciar que  o día sábado 15 de febreiro teremos un novo encontro da rede. Desta vez será en Betanzos, na Praza do Campo (Irmáns García Naveira). Polo momento aínda non está pechado o programa, pero xa podemos ir anunciando o que está confirmado:

 

Xornadas de Economía Social en O Carballiño.

 Publicamos ainformación que nos acaba de chegar, esperamos que sexa do voso interese.