domingo, 9 de junio de 2013

Charla do venres 7 xuño, sobre Som Energía.













 O venres 7 de xuño, o Grupo de consumo responsable Tarabela deu unha charla sobre a cooperativa Som Energía. O lugar escollido nesta ocasión foi o Casino de Lalín, que se atopa na Praza da Igrexa.

 A asistencia de unhas 35 persoas mostrouse moi interesada no tema, como así o demostraron ó finalizar a charla, plantexando preguntas  sobre o que se explicou na mesma e creando debate en torno o tema da enerxía eléctrica e o seu mercado.

 Agardamos que ese interese de lugar o incremento de socios/as de Som Energía en Galiza.

 Sumando esforzos seremos quen de mudar o actual sistema, onde o que importa e manda é o capital, por outro onde quen dirixa o noso futuro, sexamos nos, as persoas.

lunes, 3 de junio de 2013

Fotos da charla do venres 31 maio no restaurante La Molinera.



DOMINGO 9 DE XUÑO: III FEIRA NA EIRA




















Programa:

 10:00 h.- Inicio da Feira.

 12:00 h.- Obradoiro de elaboración de xabón.

 16:00 h.- Palestra sobre a minaría.

 17:00 h.- Encontro musical coa virtuosa violinista Genma e o seu grupo Donos da Besa e as pandereteiras de Bouba, entre outr@s.

 18:00 h.- Sorteo de cestas con produtos cedidos polos postos participantes entre as persoas compradoras.

 Notas:

 - Para mais información Marcial 638475322 ou Pepep Salvadores 659683384

 - Entre s produtos que ofrecen os postos e a comida solidaria que ofrece a organización, o xantar estará asegurado.

- Durante a feira haberá  musica co Bico da Balouta e outr@s.