miércoles, 28 de diciembre de 2011

Charla informativa contra a Incineradora que pretenden construir no Deza.




Venres 30 de decembro as 20:30 horas no auditoiro de Vila de Cruces.






I Encontro Rurales enREDadxs

"Como Rurales enREDadxs nos proponemos fortalecer los puentes y la coordinación, en el medio rural y con las ciudades, para llegar a integrar a todxs en un pueblo humano, facilitando el empoderamiento personal mediante formación, información, reflexión y concienciación."

(I Encontro Rurales EnREDadxs / Fonte: blogue organización)

Así comeza o manifesto desta plataforma composta por persoas, cooperativas, iniciativas, asociacións, redes, grupos de traballo e discusión… "dispostos a coñecernos e intercambiar e construir xuntxs un mundo rural vivo, AMBIENTAL E SOCIALMENTE SUSTENTABLE."

Rurales enREDadxs constitúe unha iniciativa xurdida dos diversos grupos de traballo entorno a sustentabilidade, vinculados de algunha maneira ao Movemento 15M das asambleas de toda a península. Veñen de levar a cabo un encontro estatal o segundo fin de semana de decembro en Piedralaves (Ávila).

Adxuntamos ligazón ao seu manifesto dende onde poderedes acceder tamén a súa Ecoaldea Virtual (blogue) e seguir a súa actividade futura.

lunes, 12 de diciembre de 2011

O ben común e a vida sustentable

"Unha aproximación á Autoxestión de Béns Comúns, unha das alternativas económicas máis practicadas ao longo da historia, e que, na actualidade, está contando cada vez con máis adeptos, en moitas experiencias alternativas."



máis información na canle UNED en youtube.

viernes, 2 de diciembre de 2011

Transferencia de consumo

Dende o Portal de Economía Solidaria e a plataforma Democracia Real Xa de Compostela, veñen de editar este video centrado no consumo responsábel de cara campaña de Nadal que se aproxima.





"Este Nadal compra os teus agasallo en tendas de comencio xusto, en obradoiros e tendas de artesanos e comerciantes locáis e a pequenos produtores que te vendan directamente." - fan este chamamento dende a súa canle en vimeo -

Podedes consultar máis información relacionada coa campaña na seguintes ligazón:
economiasolidaria.org