viernes, 27 de abril de 2012

Campaña: Salvemos as abellas de Galicia


Está previsto fumigar os inmensos eucaliptáis de Galicia cun insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir do 1 de agosto.

 

Imaxe da campaña.

 

Os monocultivos galegos de eucalipto están afectados por unha praga dun insecto chamado Gonipterus scutellatus, coñecido coloquialmente como Gorgullo. A pesares de existir outros medios para combatilo, púxose en marcha un plan para fumigalo de xeito inmediato e masivo cun insecticida estará prohibido na UE a partir do 01/08/2012.
 Este producto, ademais do perxuixo xeneralizado para o medio ambiente e diversas especies, ataca especialmente ás larvas das abellas, poñendo en serio perigo a súa supervivencia. 

Podes participar, se gostas, na campaña de Actuable para recollida de sinaturas apoiando o manifesto.

FONTE: Plataforma contra as Fumigacións.

domingo, 15 de abril de 2012

Manifestación o domingo 22 de abril en Lalín.



As 12:00 horas na Rúa Habana, diante do Concello.
ASISTE COS TEUS E DIFUNDE ... O DOMINGO 22 DE ABRIL TEMOS QUE ENCHER AS RÚAS DE LALÍN ...

CONTRA A INCINERACIÓN E EN CELEBRACIÓN DO DÍA DA TERRA

INCINERADORA NON... NIN NO DEZA, NIN EN NINGURES!!!!

Gratifeira en Silleda.


A Asociación de Veciños Olaia, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Silleda, organiza a primeira GRATIFEIRA en Silleda.


¿QUÉ É UNHA GRATIFEIRA?


Unha GRATIFEIRA é unha feira onde todo é gratis. Isto non quere dicir que sexa unha feira de troco ou intercambio. Vai máis aló dese concepto, porque aquí non hai noción de reciprocidade. O lema da feira é “Trae o que queiras ou nada; leva o que queiras ou nada”.

Desde nenos ensínannos que para recibir sempre hai que dar algo a cambio, e viceversa. Como consecuencia disto, sempre que damos esperamos recibir outra cousa, anque namáis sexa o agradecemento ou o recoñecemento por parte de alguén. Este non é o caso. Eu dou algo simplemente porque teño algo para dar, e non espero recibir nada por iso. Fágoo polo simple pracer de dar, pois nin siquera sei quen o vai recibir. Dou algo porque non o preciso, e penso que lle pode servir a outros.

Por outra banda, aínda estamos menos acostumados a recibir, pois resúltanos moitas veces violento e mesmo embarazoso recibir un agasallo e non corresponder dalgún xeito. Sentímonos mellor cando “a débeda está saldada”. Aquí temos a oportunidade de aprender a recibir sen sentírmonos en débeda con ninguén ou na obriga de ter que restituír de algún modo ese “favor” ou ese “detalle”.


¿QUÉ PODEMOS ATOPAR NUNHA GRATIFEIRA?


Na GRATIFEIRA compartimos:

Roupa, mobles, libros, xoguetes, música, tecnoloxía, ferramentas, arte, menaxe, etc.

Podemos traer todas aquelas cousas que xa non precisamos ou que simplemente xa non estamos utilizando. É necesario que todo estea limpo e en bo uso, pois non podemos dar a ninguén o que nós consideraríamos indigno recibir. Neste espazo, esas cousas atoparán outras personas que as aproveitarán e as agradecerán.


UN BO MOMENTO E UN BO EXEMPLO


Esta iniciativa chega nun momento marcado pola crise económica e o desemprego, o que motiva que moitas familias teñan serias dificultades para saír adiante ou que mesmo carezan totalmente de ingresos. Coa GRATIFEIRA, sementamos a intención de relacionarnos desde a cooperación en lugar de facelo desde a competencia, tal e como nos ensinaron.

Disfrutemos dando exemplo ós nosos fillos, que medran remedando ós país. Son eles os que teñen que cambiar este mundo cheo de ambición, consumismo e depredación por outro máis humano, sostible e cooperante.


OBXECTIVOS DA GRATIFEIRA


Entre os obxectivos dunha GRATIFEIRA, atópanse os seguintes:

Desterrar pouco a pouco a idea de escasez ou miseria, de que non hai suficiente para todos. Hai dabondo se compartimos o que temos e non nos adicamos a acumular avariciosamente incluso aquilo que nin siquera usamos

Evitar tirar ó lixo tódalas cousas das que nos queremos desprender. Desta maneira contribuímos a paliar a contaminación, apostamos pola reciclaxe e alongamos a vida útil dos bens nas mans doutras personas que os precisan

Contribuímos á posta en práctica de conceptos como a sociabilización, a cooperación e o altruísmo

Aprendemos a desprendernos das cousas con naturalidade, sen pesar, e aprendemos a recibir coa mesma naturalidade, sen sentimentos de obrigas ou de vergonza

A GRATIFEIRA é unha maneira de contrarrestar o egoísmo e o consumismo innecesario que o modelo de sociedade imperante case nos obriga a adoptar, substituíndoos pola cooperación, o apoio mútuo e a solidariedade.

Nunha GRATIFEIRA destérrase definitivamente o falso concepto de “se ti gañas, eu perdo”. Aquí gañamos todos.


CÓMO PARTICIPAR


A maneira de participar non pode ser máis sinxela: acudindo á GRATIFEIRA, xa sexa como simple espectador ou contribuíndo co que queirades, e por suposto, levando o que cada un desexe levar. Todos seredes benvidos.


Se queredes contactar con nós:


Maricarmen 639232800

Lucía 666605667

Sonia 655852890


Tamén tedes esta información en https://www.facebook.com/events/149334061862737/


DATA, LUGAR E HORARIOS:


Días 20, 21 e 22 de abril

Casa da Xuventude

Mañán: de 11 a 2 – Tarde: de 5 a 9

viernes, 13 de abril de 2012

Xornada teorico-práctica de microrrización para producción de Shii-Take



Organizada polo GDR Terras do Deza para o próximo mércores 18 de abril.

Anotacións e mais información no teléfono 986 79 44 63 e no correo info@gdrterrasdodeza.com, prazas limitadas.

martes, 10 de abril de 2012

Actividades en contra da Incineración nesta semana


Concerto o 14 de abril en O Irixo.
















Roteiro en Lalín o domingo 15 de abril.

Tedes mais info sobre esta actividade no blogue da Plataforma Incineradora no Deza NON, no enlace que temos neste blogue.

domingo, 8 de abril de 2012

Manifestación pola declaración como Parque Natural do Monte Pindo.




















Estimada compañeira:
Estimado compañeiro:
Estimadas entidades apoiantes:

Achégase a data do 14 de abril e con ela a Manifestación polo Parque Natural do Monte Pindo. E chegou a hora de facer todo o esforzo necesario para divulgar a convocatoria de xeito que o seu éxito resulte o argumento definitivo para que a Consellería de Medio Ambiente decida declarar do Monte Pindo como Parque Natural. É por iso que debemos exprimir ao máximo estas datas de descanso para que a información chegue ao maior número de persoas posible. E iso, como non temos moitos medios ao noso favor, teremos que facelo de xeito viral.

Para iso propoñemos as seguintes actividades que cada persoa afiliada, colaboradora ou entidade pode facer.

SERVIZO DE ORDE
Precisamos 30 voluntarios/as para cubrir o servizo de orde.

POSTO DE INFORMACIÓN
Precisamos 2 voluntarios/as para cubrir o posto de información que estará no Pindo durante a manifestación.

DIFUSIÓN NA TÚA WEB OU BLOG
Colga o cartel ou calquera dos banners adxuntos e rediríxeos á nosa páxina.
Publica este artigo ou calquera información que creas que poida ser útil.

REDES SOCIAIS
Distribúe o cartel que se adxunta e etiqueta, de ser posible, os teus contactos
Convida os teus contactos ao Evento oficial da Manifestación en Facebook.
Fala en Twitter da Manifestación do 14 de abril e emprega sempre o hashtag #imos!

CHAMADAS TELEFÓNICAS
Non subestimes o gran poder de convocatoria que ten unha simple chamada telefónica. A oferta de pasar un sábado nun paraxe idílico con xente agradable adoita ser máis que suficiente para convencer a calquera.

DIFUSIÓN POR CORREO-E
Mándalle un correo electrónico aos teus contactos informándoos da mobilización e chamándoos a acompañarvos.

DIFUSIÓN DO CARTEL
Descarga e imprime o Cartel da Manifestación para distribuir na túa localidade (podedes baixalo con resolución de imprenta en JPG ou PDF).
Se non tes medios para imprimilo, coméntanolo e buscaremos a maneira de facerte chegar carteles.

DIFUSIÓN DO TRÍPTICO
Aínda que o tríptico está pensado para distribuilo intensivamente a nivel local e durante a manifestación, tamén podedes recollelos previamente.

TRANSPORTE
O idóneo é que desde onde haxa un suficiente número de asistentes se flete un autobús a gastos repartidos entre todas as entidades ou persoas asistentes. Para coordinar os de cada localidade, chamade ao 655 56 43 72. Confirmados buses desde A Coruña.
Se vas asistir en vehículo particular e vas dispoñer de prazas libres no teu vehículo, comunícanolo por se sabemos de alguén cerca de ti que non ten como viaxar.
Para viaxar en liña regular, consulta as conexións desde a túa localidade co destino "Ezaro". Desde as principais cidades, os mellores horarios son:
  • Estación de Autobuses de Compostela: Saída ás 9:00 horas, Monbus destino Cee (chegada ás 10:32 h.)
  • Estación de Autobuses de A Coruña: Saída ás 8:00 horas, Vázquez destino Fisterra (chegada a Cee ás 10:05 h, logo transbordo hacia Carnota)
E por suposto, todo o que se vos poida ocurrir para que o día 14 cambiemos a historia do noso medio natural!


Se tedes calquera dúbida ou precisades algo, aqui estamos ou podedes chamarnos ao 655 56 43 72.

Feira de sementes na Fundación Galicia Verde















Ola outra vez, querid@s,
logo da nosa anterior comunicación a respecto da Feira de Sementes, permitídeme que vos lembre que xa falta menos para ese día que para nós ten unha
importancia moi especial, xa que se trata de mostrar o traballo de todo un ano.
Como sabedes, a FUNDACIÓN G.V. é unha entidade sen ánimo de lucro, polo que precisamos moito ánimo do outro para poder desenvolver un traballo que
a nós, na nosa loca fantasía, nos parece de servicio público, polos nosos propios medios (que son escasos) e sen recibir apoio económico das institucións, salvo a
axuda que permanentemente nos presta o Concello de Forcarei. A Feira é unha das pouquísimas ocasións das que dispoñemos (aparte dos cursos e as vendas pola
rede) para procurarnos fondos cos que poder desenvolver o proxecto da Fundación e asumir as notables melloras que temos emprendidas.
Por iso pedimos unha vez máis a vosa colaboración reenviando esta información a aquelas persoas ás que pensedes que lles poida interesar e, por suposto, asistindo
á Feira. Aquel@s que xa coñecedes a Fundación, sabedes que é un lugar para estar ben; e @s que levades anos repetindo que ides vir, pero non dades feito ... non se
me ocorre mellor ocasión que esta para que vos poñades a ben coa vosa conciencia e pasedes un día estupendo con toda a familia.
Gracias e ata moi pronto,
Mabel Rivera (FUNDACIÓN G.V.) Haga clic sobre mí!