domingo, 8 de abril de 2012

Manifestación pola declaración como Parque Natural do Monte Pindo.




















Estimada compañeira:
Estimado compañeiro:
Estimadas entidades apoiantes:

Achégase a data do 14 de abril e con ela a Manifestación polo Parque Natural do Monte Pindo. E chegou a hora de facer todo o esforzo necesario para divulgar a convocatoria de xeito que o seu éxito resulte o argumento definitivo para que a Consellería de Medio Ambiente decida declarar do Monte Pindo como Parque Natural. É por iso que debemos exprimir ao máximo estas datas de descanso para que a información chegue ao maior número de persoas posible. E iso, como non temos moitos medios ao noso favor, teremos que facelo de xeito viral.

Para iso propoñemos as seguintes actividades que cada persoa afiliada, colaboradora ou entidade pode facer.

SERVIZO DE ORDE
Precisamos 30 voluntarios/as para cubrir o servizo de orde.

POSTO DE INFORMACIÓN
Precisamos 2 voluntarios/as para cubrir o posto de información que estará no Pindo durante a manifestación.

DIFUSIÓN NA TÚA WEB OU BLOG
Colga o cartel ou calquera dos banners adxuntos e rediríxeos á nosa páxina.
Publica este artigo ou calquera información que creas que poida ser útil.

REDES SOCIAIS
Distribúe o cartel que se adxunta e etiqueta, de ser posible, os teus contactos
Convida os teus contactos ao Evento oficial da Manifestación en Facebook.
Fala en Twitter da Manifestación do 14 de abril e emprega sempre o hashtag #imos!

CHAMADAS TELEFÓNICAS
Non subestimes o gran poder de convocatoria que ten unha simple chamada telefónica. A oferta de pasar un sábado nun paraxe idílico con xente agradable adoita ser máis que suficiente para convencer a calquera.

DIFUSIÓN POR CORREO-E
Mándalle un correo electrónico aos teus contactos informándoos da mobilización e chamándoos a acompañarvos.

DIFUSIÓN DO CARTEL
Descarga e imprime o Cartel da Manifestación para distribuir na túa localidade (podedes baixalo con resolución de imprenta en JPG ou PDF).
Se non tes medios para imprimilo, coméntanolo e buscaremos a maneira de facerte chegar carteles.

DIFUSIÓN DO TRÍPTICO
Aínda que o tríptico está pensado para distribuilo intensivamente a nivel local e durante a manifestación, tamén podedes recollelos previamente.

TRANSPORTE
O idóneo é que desde onde haxa un suficiente número de asistentes se flete un autobús a gastos repartidos entre todas as entidades ou persoas asistentes. Para coordinar os de cada localidade, chamade ao 655 56 43 72. Confirmados buses desde A Coruña.
Se vas asistir en vehículo particular e vas dispoñer de prazas libres no teu vehículo, comunícanolo por se sabemos de alguén cerca de ti que non ten como viaxar.
Para viaxar en liña regular, consulta as conexións desde a túa localidade co destino "Ezaro". Desde as principais cidades, os mellores horarios son:
  • Estación de Autobuses de Compostela: Saída ás 9:00 horas, Monbus destino Cee (chegada ás 10:32 h.)
  • Estación de Autobuses de A Coruña: Saída ás 8:00 horas, Vázquez destino Fisterra (chegada a Cee ás 10:05 h, logo transbordo hacia Carnota)
E por suposto, todo o que se vos poida ocurrir para que o día 14 cambiemos a historia do noso medio natural!


Se tedes calquera dúbida ou precisades algo, aqui estamos ou podedes chamarnos ao 655 56 43 72.

No hay comentarios:

Publicar un comentario