miércoles, 30 de diciembre de 2015

Novo CD de "La Brizna de Paja"

Por se queredes facer un regalo e quedar ben, vai unha idea


















Prezo: 5 euros.

Teléfono pedidos/contacto, Daniel: 659 24 50 53

viernes, 26 de junio de 2015

Mesa Informativa do Grupo de Consumo Tarabela na r/Colón.

Ola, qué tal?
Mañá sairemoa á rua ca mesa que estreamos no pasado Realimentate, así que xa sabedes, quen se queira pasar para coñecernos mellor ou para preguntarnos calquera dúbida, alí estaremos de 12:00 a 14:00.
Tamén informaremos doutros proxectos colectivos.




















Vemonos!!!

lunes, 15 de junio de 2015

REALIMENTATE 2015

Onte estivemos nunha nova edición da feira ReAlimentate.

Dende o Grupo de consumo Tarabela damos os nosos parabens as persoas organizadoras por levar a cabo esta iniciativa.

Podedes ver o posto que puxemos no video

Grazas por facer da Utopía unha realidade.

domingo, 3 de mayo de 2015

Estrea do documental OligopolyOFF en Lalín.

Ficha técnica
Título: #OligopolyOFF: Empieza la revolución energética ciudadana.
Dirección e guión: Alba del Campo.
Producción: Plataforma por un Nuevo Modelo Energético.
Duración: 90' (aprox.)
Sinopsis: Preocupada polo tremendo aumento da pobreza enerxética no Estado español, as contínuas subidas das facturas da luz e o gas e os recortes ás renovables, a Plataforma por un Nuevo Modelo Energético presenta neste documental unha mirada da situación da enerxía que move este estado e dunha política enerxética hoxe hipotecada baixo os intereses das empresas do oligopolio enerxético fósil.
Conscientes de que son estas empresas as que presionan aos sucesivos gobernos para asegurar os seus beneficios, en lugar de que se protexa o dereito á enerxía de toda a poboación, así como de emprender unha política enerxétcia sensata para evitar un cambio climático devastador, o propio título do documental é unha declaración de intencións:  #OligopolyOFF.

lunes, 20 de abril de 2015

CHARLA EN BERMÉS
















 Este pasado domingo, 19 de abril, Daniel Picazo e Suso Rivas foron os encargados de dar unha charla sobre "Comercio Xusto e consumo responsable" na parroquía veciña de Bermés.
 Esta actividade foi organizada pola Asoc. Veciñal "La Unión".
 Dende o Grupo de Consumo Responsable Tarabela agradecemos a invitación e felicitamos as persoas organizadoras polo seu traballo na difusión e promoción tanto do Comercio Xusto como do Consumo responsable.
 O cambio do actual modelo de comercio no que priman os beneficios economicos por outro onde  as persoas sexamos o verdadeiramente importante é cousa de todos/as.


 Grazas por facer da Utopía unha realidade.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Loitas ambientais, alternativas rurais, en AS CORCERIZAS (Ourense)

























Bo día,

Baixo o título “Loitas ambientais, alternativas rurais” afondaremos na 
realidade do que está a acontecer nas nosas aldeas, nosas eiras e a os 
nosos labregos.

Nun momento no que a volta ao rural está en boga, reflexionaremos 
sobre as eivas e as vantaxes, as oportunidades e, tamén, os retos aos 
que deberemos facer fronte nos próximos anos para garantir un rural 
vivo, xusto e ecolóxico.

Prezo:A xornada e o xantar son de balde para o público xeral. Prazas 
limitadas. 

Consulta o PROGRAMA COMPLETO 
Ficha de inscrición 
 Envía a ficha de inscrición cuberta a info@ascorcerizas.com 

Saudos.