viernes, 28 de septiembre de 2012

Miguel en liberdade con cargos.


Miguel Foi posto en liberdade con cargos e sen fianza, onte pola noite xunto coas demais persoas detidas. 
 
- Atopa-se ben física e de ánimo.
- Agradece todas as mostras e accións de apoio e solidariedade amosadas con el e as demais persoas detidas.
- Os cargos que se lles imputan son catro entre outros, os de resisténcia á autoridade e ademais incluiron o de sedición " traición a la Patria", e por este último serán xulgadas na Audiéncia Nacional en data por confirmar.
- No dia de hoxe van manter unha reunión  conxunta as persoas detidas coas súas avogadas para preparar posíbeis medidas legais e a estratéxia da defensa para o xuízo.
- Ficará en Madrid uns dias antes de voltar a Galiza.
 
Máis unha vez, agradecemos as mostras e accións de apoio recibidas.
 
Seguiremos a informar
 
Saude e moito ánimo.

Xornadas "Vivir mellor con menos" en Compostela.























Tedes mais info en: Vivir mellor con menos.

jueves, 27 de septiembre de 2012

Detención compañeiro Miguel.



Miguel é un coñecido colaborador de diversos colectivos sociais que loitan por unha sociedade mais xusta.
 Coñezoo de primeira man.
Suso.

 Agradécese difusión.

jueves, 20 de septiembre de 2012

5º Encontro da Rede Galega de Sementes.




















O sábado 22 de setembro, en Redondela, celebrarase o 5º ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES. Velaquí o programa:
 
10.00h Apertura dos postos da feira
11.00h Apertura da mesa de troco
12.00h Obradoiro de xerminados
13.30h Charla-degustación sobre diferentes variedades de tomates
13.50h Peche da feira e da mesa de troco
14.00h Xantar popular
16.30h Apertura da feira e da mesa de troco
17.00h Charla: “abellas e biodiversidade”
19.00h Obradoiro de extracción e conservación de sementes
20.20h Peche da feira e da mesa de troco
20.30h Concerto
Ao longo do día contarán con xogos para nenas e nenos.