lunes, 12 de noviembre de 2012

Nova edición de Terractiva en Arzúa.


MALIA OS RECORTES ORZAMENTARIOS

Arzúa aposta un ano máis pola maior feira ecolóxica de Galicia

Os días 17 e 18 de novembro celebrarase en Arzúa unha nova edición da maior feira ecolóxica de Galicia. A pesar de non contar, por primeira vez, co financiamento da Deputación da Coruña, o Concello decidiu continuar co evento. Así, os produtos naturais, os máis innovadores, as terapias alternativas e as produtoras e produtores locais -das feiras do 8 e 22- encherán o Recinto Feiral Terra do Queixo.

As solicitudes para contar cun stand na IX edición da Feira Ecolóxica de Arzúa superaron en poucos días o límite de espazo físico do Recinto Feiral Terra do Queixo, o que asegura o “éxito” do evento, afirma o responsable de Culturactiva SCG, empresa xestora da Feira, Manuel Vicente. O público que asista terá ao seu dispór máis de trinta postos de diversos produtos e servizos naturais.

jueves, 8 de noviembre de 2012

GRATIFEIRA EN SILLEDA O SÁBADO 10 NOVEMBRO.



Como xa anunciaramos hai unhas semanas, Olaia vai colaborar desta volta coa ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. Esta organización está levando a cabo unha campaña de recollida e reciclaxe de roupa a nivel de toda Galicia, dentro do programa de axuda "Vacacións en Paz", que trae a Galicia no verán a nenos e nenas saharauis para seren acollidos en fogares galegos. Porén, toda a roupa e o calzado que sobren durante a Gratifeira, serán donados a esta ONG.

Animamos encarecidamente á participación veciñal neste tipo de actividades solidarias, pois cremos que son o método máis efectivo, directo e gratificante de axudar a paliar en gran medida os efectos desta chamada "crise"







A Asociación de Veciños Olaia organiza a segunda edición da GRATIFEIRA en Silleda.

¿QUÉ É UNHA GRATIFEIRA?

Unha GRATIFEIRA é unha feira onde todo é gratis. Isto non quere dicir que sexa unha feira de troco ou intercambio. Vai máis aló dese concepto, porque aquí non hai noción de reciprocidade. O lema da feira é “Trae o que queiras ou nada; leva o que queiras ou nada”.

Desde nenos ensínannos que para recibir sempre hai que dar algo a cambio, e viceversa. Como consecuencia disto, sempre que damos esperamos recibir outra cousa, anque namáis sexa o agradecemento ou o recoñecemento por parte de alguén. Este non é o caso. Eu dou algo simplemente porque teño algo para dar, e non espero recibir nada por iso. Fágoo polo simple pracer de dar, pois nin siquera sei quen o vai recibir. Dou algo porque non o preciso, e penso que lle pode servir a outros.

Por outra banda, aínda estamos menos acostumados a recibir, pois resúltanos moitas veces violento e mesmo embarazoso recibir un agasallo e non corresponder dalgún xeito. Sentímonos mellor cando “a débeda está saldada”. Aquí temos a oportunidade de aprender a recibir sen sentírmonos en débeda con ninguén ou na obriga de ter que restituír de algún modo ese “favor” ou ese “detalle”.

¿QUÉ PODEMOS ATOPAR NUNHA GRATIFEIRA?

Na GRATIFEIRA compartimos:

Roupa, mobles, libros, xoguetes, música, tecnoloxía, ferramentas, arte, menaxe, etc.

Podemos traer todas aquelas cousas que xa non precisamos ou que simplemente xa non estamos utilizando. É necesario que todo estea limpo e en bo uso, pois non podemos dar a ninguén o que nós consideraríamos indigno recibir. Neste espazo, esas cousas atoparán outras personas que as aproveitarán e as agradecerán.

UN BO MOMENTO E UN BO EXEMPLO

Esta iniciativa chega nun momento marcado pola crise económica e o desemprego, o que motiva que moitas familias teñan serias dificultades para saír adiante ou que mesmo carezan totalmente de ingresos. Coa GRATIFEIRA, sementamos a intención de relacionarnos desde a cooperación en lugar de facelo desde a competencia, tal e como nos ensinaron.
Disfrutemos dando exemplo ós nosos fillos, que medran remedando ós país. Son eles os que teñen que cambiar este mundo cheo de ambición, consumismo e depredación por outro máis humano, sostible e cooperante.

OBXECTIVOS DA GRATIFEIRA

Entre os obxectivos dunha GRATIFEIRA, atópanse os seguintes:

• Desterrar pouco a pouco a idea de escasez ou miseria, de que non hai suficiente para todos. Hai dabondo se compartimos o que temos e non nos adicamos a acumular avariciosamente incluso aquilo que nin siquera usamos

• Evitar tirar ó lixo tódalas cousas das que nos queremos desprender. Desta maneira contribuímos a paliar a contaminación, apostamos pola reciclaxe e alongamos a vida útil dos bens nas mans doutras personas que os precisan

• Contribuímos á posta en práctica de conceptos como a sociabilización, a cooperación e o altruísmo

• Aprendemos a desprendernos das cousas con naturalidade, sen pesar, e aprendemos a recibir coa mesma naturalidade, sen sentimentos de obrigas ou de vergonza

A GRATIFEIRA é unha maneira de contrarrestar o egoísmo e o consumismo innecesario que o modelo de sociedade imperante case nos obriga a adoptar, substituíndoos pola cooperación, o apoio mútuo e a solidariedade.

Nunha GRATIFEIRA destérrase definitivamente o falso concepto de “se ti gañas, eu perdo”. Aquí gañamos todos.

CÓMO PARTICIPAR

A maneira de participar non pode ser máis sinxela: acudindo á GRATIFEIRA, xa sexa como simple espectador ou contribuíndo co que queirades, e por suposto, levando o que cada un desexe levar. Todos seredes benvidos.

Anque o evento estará aberto ó público o sábado 10 e o domingo 11, os que queirades ir traendo cousas podédelo facer na tarde do venres, de 5 a 8 da tarde. Sería desexable que chamasedes por teléfono ou nolo comunicases con antelación.

Se desexades máis información, poñédevos en contacto con nós nos seguintes teléfonos:

Maricarmen 639232800
Lucía 666605667
Sonia 655852890

DATA, LUGAR E HORARIOS:

Días 10 e 11 de novembro
Pza. do Siñor Afranio (frente á Casa da Cultura-Rúa Cartaxena nº 1)
Mañán: de 11 a 2 – Tarde: de 17 a 20:30

viernes, 2 de noviembre de 2012

Congreso Desenvolvemento Rural e LEADER 2014-2020, en Compostela.


Bos días,

Adxuntamos tríptico do Congreso de Desenvolvemento Rural  e Leader “Horizontes 2014-2020”. , que vaise levar a cabo os vindeiros 7,8 e 9 de novembro na facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.
Se están interesados en asistir deben contactar co GDR Terras do Deza a maior brevidade posible , ben chamando ao  número 986 794 463 o enviar un correo eletrónico a:
Info@gdrterrasdodeza.com

Agardamos contar coa vosa presenza.

Un saúdo.

LOGO GDR-22