jueves, 27 de marzo de 2014

Curso de xardinería ecolóxica en Cambados.



Cartel xardineria ecoloxica CES
A xardinería ecolóxica pretende crear espazos sans e sostibles, onde poder gozar de olores, colores e sabores coa satisfacción de estar nun lugar respectuoso co medio e coa nosa saúde.

O curso ten unha duración de 8h e farase o venres 4 e o sábado 5de abrilde 16:30 a 20:30.
O lugar de realización son os xardíns do Pazo de Fefiñáns en Cambados, que tan amablemente foinos ofrecido por Ánxela e Marisa Gil e ás que tanto llo agradecemos.

Mais info clica aquí.








miércoles, 19 de marzo de 2014

ASI FUNCIONAN AS MOEDAS LOCAIS EN ESPAÑA.


Trátase de empoderar ás persoas e comunidades. Estas outras moedas poden facilitar o intercambio de produtos e servizos sen depender do diñeiro legal e rompen ese monopolio de creación do diñeiro e as persoas poden comerciar mais alá do troco. Estas moedas permiten traballar con dignidade en situacións de paro, permitenche obter recursos e vivir dignamente"- Julio Gisbert.

 Mais info clica aquí.




I Premio Hortas Escolares ecolóxicas.

A Fundación Tríodos coorganiza o I Premio de hortas escolares ecolóxicas. O prazo de presentación dos proxectos vai do 1 ao 15 de xullo e poden participar todos os centros educativos que teñan unha horta ecolóxica. O gañador recibirá 1000€ destinados ao proxecto.
Profesoras e profesores, xa sabedes!



http://www.fundaciontriodos.es/es/triodos/actividades/calidad-vida-y-sostenibilidad/proyectos-fundacion-triodos/premiohuertoescolar/presentacion/

jueves, 6 de marzo de 2014

QUÉ É A SOBERANÍA ALIMENTARIA?


Comer: masticar e desmenuzar o alimento na boca e pasalo ó estómago, segundo a definición da Real Academia Española. Comer, sen embargo, é moito mais que tragaer alimentos. Comer de xeito san e conscente implica preguntarse de onde ven o que consumimos, cómo se elaborou, en qué condicións, porque pagamos un determinado prezo. Significa tomar o control sobre os nosos hábitos alimentarios e non delegar. Ou noutras palabras, significa ser soberanos, poder decidir, en canto a nosa alimentación. esta é a esencia da Soberanía Alimentaria.
 Foi en 1996, cando o movemento internacional de labregos/as La Vía Campesina puxo por primeira vez este concepto sobre a mesa coincidindo cunha cumbre da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en Roma.
 

 MAIS INFO:  clica a quí. 

LANDARE AUMENTA Ó DOBLE O SEU ESPAZO E CONSOLIDA A SÚA APOSTA POLA XUSTIZA COMERCIAL

Landare, a Asociación de Consumidores de Productos Ecolóxicos trasladouse esta semana a un novo local, ampliando o seu espazo de tenda de 200 m2 a 320 m2, e habilitando outros 100 m2 anexos como espazo social.

O local que se habilitou segue estando no barrio da Rochapea, a 200 m. do anterior, complementándose co local de 50 m2 que ten tamén a asociación en Villava. Tras 21 anos de actividade fíxose necesario realizar este cambio polo continuo aumento de socios e socias. Actualmente xa son mais de 2.000 familias asociadas a Landare, dando servizo a unhas 6.000 persoas, e dando traballo directo a un equipo de 15 persoas.

MAIS INFO: clica aquí.