martes, 26 de noviembre de 2013

III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable 27 e 28 de Novembro do 2013 na EGAP

























A Asociación Galega AMARANTE Setem organiza en colaboración Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia o III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable, os días 27 e 28 de Novembro do 2013 na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

 
Con estas xornadas preténdese achegar á administración pública galega ferramentas e exemplos de boa prácticas de Compra Pública Responsable  na implementación de políticas de contratación acordes con valores de xustiza social e medioambiental.E asemade, que sexan ferramentas para as universidades, organizacións sociais e empresas que queiran traballar estes mecanismos dos que xa se está dotando a administración para garantir ditos valores e que sexan de aplicación en Galicia.

Obxectivo: achegar ferramentas técnicas e exemplos de boas prácticas para a implantación de criterios sociais, ambientais e éticos nos trámites de contratación de produtos e servizos das administración galegas (de ámbito galego, deputacións e concellos)

Temáticas que se traballarán: alimentación, téxtil, material electrónico, economía solidaria, igualdade, finanzas éticas e compra sustentable.

Dirixido a:
·        persoal técnico e político da administración pública galega (ámbito galego, deputacións e concellos)
·        Profesorado e alumnado interesado en traballar esta temática
·        Organizacións sociais interesadas en potenciar esta área de traballo e/ou realizar incidencia nesta temática
·        Empresas que queira coñecer ás novas esixencias de cara ás licitacións públicas

Horario: mércores 27 en horario de 9:30 a 19:00 e xoves 28 de 9:00 a 14:00 horas

Inscrición en:    central@amarantesetem.org ou no  Tfno. 986 848 159        

Período de inscrición:  Do13 de novembro ao 26 de novembro


Xúntase programa das Xornadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario